Ben, ben. Despois de varias semanas de traballo, xa temos preparadas unhas cantas actividades para remata-lo curso.

En primeiro lugar, conmemoraremos a Revolución dos Caraveis portuguesa organizando un Cine - Fórum no que proxectaremos a película “Capitáns de abril” e contaremos coa participación da catedrática Margarita Ledo Andión. O acto terá lugar o mércores 25 de abril, ás 16:30 na Aula de Visionado 2 da facultade de Ciencias da Comunicación

Có gallo do 1º de maio, temos organizada unha charla có título “A Precariedade Laboral no Xornalismo”.  Nela participarán Santi Alvite, delegado sindical da CIG na CRTVG e Miguel Túñez, decano da facultade da nosa facultade. Esta actividade terá lugar o día 3 de maio ás 12:00 na Aula de Visionado 1

Por último, para o día 8 de maio, temos unha charla impartida polos tres galegos participantes no Foro Social Mundial: Xabier Macías, Camilo Nogueira e Xosé Manuel Beiras. Será ás 12:00 na nosa facultade, a aula aínda está por confirmar.

Sen máis, animarvos a que participedes en todas e cada unha das nosas actividades, que tanto tempo e esforzo nos levou preparar.

Deixa unha resposta