Eleccións no Quebec

O pasado día 26, é dicir, o luns, houbo eleccións nunha nación que, coma Galiza, non ten estado. Estou a falar do Quebec. Para quen non o saiba, dende hai xa 40 anos, teñen un movemento independentista agrupado en torno ao Parti Québécois (de esquerda) que foi gañando importancia, até converterse nunha das principais forzas políticas. Ao outro lado da liña política, está o federalista Partido Liberal do Quebec (PLQ), que sempre defendeu permanecer integrado no Estado Canadiense.

Pero estas últimas eleccións non se caracterizaron por un enfrontamento entre PLQ e PQ. Unha forza até agora moi reducida, a Acción Democrática do Quebec, entrou arrasando no clube dos partidos maioritarios, suplantando ao PQ e situándose coma segunda forza política. Deste xeito, a torta parlamentaria desta nación quedou así:

2007
Partido Liberal do Quebec: 46 deputados PLQ: 74

Acción Democrática do Quebec: 43 deputados ADQ: 5
Parti Québécois: 36 deputados PQ: 46

2003

Partido Liberal do Quebec: 74 deputados

Acción Democrática do Quebec: 5 deputados

Parti Québécois: 46 deputados

Está na man da ADQ decidir con se formará goberno con algunha dos outros partidos, ou se deixara que o PLQ goberne en minoría. É importante destacar que dende 1878, non houbo no Quebec un mandato no que non houbese maiorías absolutas, polo que estamos ante un feito sen precedentes.

Supoño que vos preguntaredes que fixo a ADQ para pasar de 5 escanos a 43. Pois sinceiramente non o sabemos, quizais o pobo do Quebec estaba farto de ter que decidir sempre entre soberanismo ou unionismo e optaron por unha forza intermedia (lembremos que a ADQ, ademáis de ser conservadora, é autonomista).

Aínda que na nosa facultade estudamos xornalismo e deberiamos de ser imparciais, cóstanos disumula-la nosa predilección polo Parti Québécois, a quen animamos a que siga loitando pola liberación da súa nación, onde xa tantos logros conseguiron

Deixa unha resposta