De volta ao tallo
Após dun profundo proceso de reestruturación e de varios meses de inactividade, os CAF de Ciencias da Comunicación volvemos ás andadas e con máis ganas ca nunca.
Nas últimas semanas, estivemos argallando unha serie de novas actividades para dinamiza-la nosa facultade e para continuar loitando por un ensino público, galego, democrático e de calidade. Entre elas, atópase este blogue, que nos permitirá non só irvos pondo ao día do que facemos, senón que queremos que sirva para informarvos do que ocorre no día a día da facultade e que sexa un lugar no que se fale dos aspectos máis salientábeis da actualidade social e política.
Por outro lado, gustaríanos facer un chamamento a todo o estudantado nacionalista e de esquerdas, para que se organice, estude e loite polo que cree. Porque non hai nada máis forte e con maior capacidade transformadora, que unha sociedade formada e con ideas. Para iso estamos os CAF, para canaliza-las ansias de cambio do estudantado galego.
Sen máis, recibide un saúdo nacionalista e de esquerdas
Se queres unirte aos CAF, contacta con nós en Esta anotación foi publicada o 25 marzo 2007 ás 11:42 pm na categoría Nós, os CAF. Podes seguir os comentarios a esta anotación en RSS 2.0 Podes deixar unha resposta, ou facer trackback desde o teu propio sitio.
27 marzo 2007 ás 11:39 pm
Parabéns polo voceiro virtual. Nótase que tendes un bo grupo de traballo!
saúde e patria
28 marzo 2007 ás 12:55 am
Moitas grazas, a verdade é que temos bastantes ganas de traballar e de loitar polo que creemos. É unha mágoa que sexamos tan pouquiños, aínda que xa se sabe como é isto.
14 abril 2007 ás 5:31 pm
Queeee paaassaaa!!!
Boeno, boeno..ke ben está este blogue meniños…
Góstame. Hai que currarlle. CAF somos GHRANDES!!!